BOUDEBOU GAITEIROS

Haz clic aquí para editar el subtítulo.

Más
  • BENVIDOS
  • FOTOS
  • VIDEOS
  • ARQUIVOS
  • WEBS RELACIONADAS
  • LIBRO DE VISITAS

BENVIDOS A PÁXINA WEB DE BOUDEBOU GAITEIROS


Somos un cuarteto de música tradicional galega da comarca do Salnés, creado no ano 2008, composto por dúas gaitas, tambor e bombo. A nosa formación musical provén de mestres gaiteiros da comarca e de grupos lendarios referentes da música tradicional como "Os Campaneiros" de Vilagarcia.


O noso afán é a divulgación e o coidado da música tradicional do Salnés, e tamén doutros recantos da Galiza, con seriedade e rigor musical, sen deixar de lado a calidade no son.


Boudebou Gaiterios vai máis alá dun grupo de gaitas, xa que forma parte da asociación que leva o mesmo nome (ASC. Cultural Boudebou) a cal ten por obxectivo coidar e fomentar a música tradicional galega, e o uso dos instrumentos e ferramentas asociados a ela dende unha perspectiva actual sen olvidar a súa orixe.  

Página anterior Página siguiente
Anterior Reproducir la presentación Siguiente

O NOSO NOME

O nome, BOUDEBOU, non é escollido ó azar, senón que está composto de dous termos, os cales son comúns a tódolos membros do grupo e en xeral ás xentes do Salnés.

  BOU:

    EMBARCACIÓN DE PESCA DE TAMAÑO MEDIO QUE SE ADICA A PESCA DE PEIXE EMPREGANDO DIFERENTES MEDIOS (ARTES DE PESCA).

                                            

   DE:

    EXISTEN DOUS TIPOS DE ARTE DE PESCA DENOMINADAS BOU (O DE VARA E O DE MAN), AMBOS REMOLCADOS POR EMBARCACIÓNS.

 

  BOU:

    O BOU, TAMÉN COÑECIDO COMO BOU DE VARA, É UNHA ARTE DE PESCA REMOLCADA POR UNHA EMBARCACIÓN QUE MANTÉN A SÚA ABERTURA HORIZONTAL CONSTANTE, AGÁS DUNHA VARA TRANSVERSAL QUE VAI SUXEITA ÓS CALÓNS DAS ÁS, E A VERTICAL POR MEDIO DE BOIAS OU FLOTADORES. É UN APARELLO CLASIFICADO COMO UNHA ARTE DE PESCA DE ARRASTRE, UTILIZADO EN GALICIA CASE EN EXCLUSIVA POLOS MARIÑEIROS DE CAMBADOS E RIANXO.

     ESTE TIPO DE ARTE EMPRÉGASE PRINCIPALMENTE NA CAPTURA DE CAMARÓN, NÉCORA, E TAMÉN ZAMBURIÑA, LINGUADO, SOLLA, FANECA E OUTRAS ESPECIES..



VINDEIRAS ACTUACIÓNS

---------------------------------------

O NOSO AGRADECEMENTO

Cando empezas a tocar a gaita o tambor ou o bombo sendo un neno, o que menos  imaxinas é rematar facendo un grupo, pasando as fins de semana tocando, erguerse os días festivos as 8 da mañá, dar alboradas baixo un sol de xustiza ou asistindo a unha gran cantidade de festexos e vodas...Todo por pasalo ben e botar unhas risas e unhas pezas cos compañeiros. Agora, pasados uns anos e votando un ollo a todo o vivido, queremos agradecer todo o apoio recibido nestes anos polos nosos compañeiros de Xironsa e a súa directiva, ao grupo Os Faiscas, sen eles nada desto sería posible e ademais servennos de motivación e de referencia; a Xaquín, que é un magnífico mestre, compañeiro e gaiteiro; a Nacho, sempre ao noso lado e a quen lle debemos moito, o grupo Arume de Boiro, dos cales nos impresiona o seu orgullo cómo gaiteros, a súa formación e o bravos que son... pero sobre todo, gracias ao Chilro, quen nos transmitiu a paixón pola gaita e quen para nós, sempre será o noso mestre, gran gaiteiro e persoa.

Contacta con Boudebou


Para contactar só tes que escribirnos no mail:

[email protected]

Ou se queres, cóntanolo no libro de visitas.

Aldea o Riveiro, 36634 Cambados Pontevedra

CAMBADOS

CORVILLÓN

 Web actualizada  Xullo de  2020

Create your own free website today
Webs
Better Websites Made Simple