BOUDEBOU GAITEIROS

                Benvidos a páxina web do grupo  boudebou gaiteiros 

 

  Somos un cuarteto de música tradicional galega da comarca do Salnés, formado por duas gaitas, tambor, bombo e pandeireta.Tocamos con gaitas en tonalidade DO, SI natural e RE, e con  percusión en madeira de nogueira.

  O noso afán é a divulgación da música tradiciónal do Salnés, e tamén a de outras zonas de Galicia, con seriedade e rigor músical, sen deixar de lado a calidade no son.

  Boudebou Gaiterios vai máis ala dun grupo de gaitas, xa que forma parte da asociación que leva o mesmo nome (ASC. Cultural Boudebou) a cal ten por obxectivo fomentar a música tradicional, e os instrumentos asociados a ela dende unha perspectiva actual sen olvidar as suas orixes.  

                     

                      

            

               O NOSO NOME

    O NOME, BOUDEBOU, NON É ESCOLLIDO Ó AZAR, SENÓN QUE ESTÁ COMPOSTO  DE DOUS TERMOS, OS CALES SON COMÚNS A TÓDOLOS MEMBROS DO GRUPO E EN XERAL ÁS XENTES DO SALNÉS.

  BOU:

    EMBARCACIÓN DE PESCA DE TAMAÑO MEDIO  QUE SE DEDICA A PESCA DE PEIXE EMPREGANDO DIFERENTES MEDIOS (ARTES DE PESCA).

                                            

   DE:

    EXISTEN DOUS TIPOS DE ARTE DE PESCA DENOMINADAS BOU (O DE VARA E O DE MAN), AMBOS TIRADOS POR EMBARCACIÓNS.

 

  BOU:

    O BOU DE VARA É UNHA ARTE DE PESCA REMOLCADA POLA EMBARCACIÓN QUE MANTÉN A SÚA ABERTURA HORIZONTAL CONSTANTE, AGÁS DUNHA VARA TRANSVERSAL QUE VAI SUXEITA ÓS CALÓNS DAS ÁS, E A VERTICAL POR MEDIO DE BOIAS OU FLOTADORES. É UN APARELLO UTILIZADO EN GALICIA CASE EN EXCLUSIVA POLOS MARIÑEIROS DE CAMBADOS E RIANXO.

     ESTE TIPO DE ARTE EMPRÉGASE PRINCIPALMENTE NA CAPTURA DE CAMARÓN, NÉCORA, E TAMÉN ZAMBURIÑA, LINGUADO, SOLLA, FANECA ETC.

               

       bou de vara

              O NOSO AGRADECEMENTO

Cando empezas a tocar a gaita o tambor ou o bombo sendo un neno, o que menos  imaxinas é acabar facendo un grupo, pasando as fins de semana tocando, levantando os festivos as 8 da mañá, dar alboradas baixo un sol de xustiza ou asistindo a unha gran cantidade de eventos e vodas...Todo por pasalo ben e botar unhas risas e unhas pezas cos compañeiros. Agora, pasados uns anos e vendo as cousas dende outra perspectiva, dámonos de conta da xente que se esforzou  por ensinarnos, transmitirnos valores e que sempre estiveron aí. Deste xeito, queremos agradecer todo o apoio recibido nestes anos polos nosos compañeiros de Xironsa e a súa directiva, ao grupo Os Faiscas, quen nos serven de motivación e dos que seguimos aprendendo; a Xaquín, que é un magnífico mestre, compañeiro e gaiteiro; a Nacho, sempre ao noso lado e a quen lle debemos moito, o grupo Arume de Boiro,quen nos tratan como se fósemos grandes gaiteiros coma eles e nos ensinan canto nós lle preguntamos... Pero sobre todo, gracias ao Chilro, quen nos transmitiu a paixón pola gaita e quen para nós, sempre será o noso mestre, gran gaiteiro e persoa.

Contacta con Boudebou


Para contactar só tes que escribirnos no mail:

bou.de@hotmail.com

Ou se queres, cóntanolo no libro de visitas.

          


   Localidade

    Corvillón, Cambados

       PONTEVEDRA.



  

     Vindeiros Festexos


          Festa Europea do Viño

 25 Marzo as 10:00, polas ruas de Cambados

                      Cambados


 Web actualizada Maio de 2017